top of page
TerritotioVakner.jpg

TERRITORIO VAKNER

SimboloVakner_edited.jpg
SimboloVakner.jpg
O Vákner é unha besta salvaxe, cunha presenza tan fugaz e enigmática como perigosa e daniña, que moraba nos montes que separaban a meseta do Xallas e a costa de Fisterra. Nas terras que se interpoñen no Camiño Xacobeo dende Santiago de Compostela ata a fin do mundo dos antigos.
 
A ruta Territorio Vákner é un itinerario de dificultade media, cunha duración estimada de entre catro e cinco horas (15km) ida e volta. O seu percorrido pasa por A Ponte Olveira, Olveiroa, O Logoso, a Pedra do Brazal, Hospital e regresa ao punto inicial: A Ponte Olveira. 
Características da ruta:
  • Lonxitude do trazado: 7.700m (+/-)
  • Pendente media: 5%
  • Cota de inicio: 262 msnm
  • Cota de fin: 342 msnm
  • Desnivel: 80m
  • Dificultade: media 
  • Duración: 1:50h (ida)
 
Ademais, ofrece cinco derivacións que desembocan en paraxes e monumentos de interese como son: a capela de Santa Lucía, na que se celebra unha romaría o luns de Pentecostés para renderlle culto ao poder de curación da fonte santa sobre as enfermidades dos ollos, o encoro da Ponte Olveira, o encoro de Castrelo, as ribeiras do río Xallas ao seu paso por Xestosa ou a que visita as parroquias de Xestosa, San Crimenzo, Santa Uxía e O Ézaro.
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéDeporte
#DumbríaéNatureza
#DumbríaéCamiño
#TerritorioVákner
bottom of page