top of page
RÍO XALLAS
O río Xallas impregna e determina todo o carácter do Concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o Océano Atlántico. É todo un espectáculo natural para os sentidos!
Antes de transformarse en fervenza, este río de tan só 62km é retido por catro encoros: A Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Estes encoros conforman zonas húmidas de gran beleza paisaxística pola súa abundante flora e fauna autóctonas; o lugar idílico para os namorados da ornitoloxía. Tamén destacan as cavidades naturais construídas ao longo dos séculos pola forza da auga ao seu paso polas rochas; son as chamadas pías ou caldeiras.
No último tramo o río ten un desnivel de 155m e a altura da fervenza é de 40 metros; un pouco máis que a estatua do Cristo Redentor de Río de Xaneiro (38m). É todo un espectáculo de altura!
Como curiosidade cabe falar do cambio de nome deste río. Antigamente coñecido como río Lézaro (s.XIX), posteriormente cambiado a río Jallas (1815) e de novo, na actualidade, recuperado o nome antigo pero evolucionado ata como se coñece hoxe en día: río Ézaro. Que de onde ven o nome Ézaro?? Deriva da palabra Essar que significa movemento rápido da auga.
Un río con varios nomes pero cun mesmo significado: espectáculo da natureza!
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéNatureza
bottom of page