Puntos de información
No Concello de Dumbría dispomos de varios puntos de información, uns máis orientados ao turismo propiamente dito e outro aos peregrinos principalmente.
OIT
A Oficina de Información Turística do Ézaro está a carón da Fervenza do Ézaro, un lugar estratéxico no que poderás obter toda a información relativa ao Concello de Dumbría, ao xeodestino Costa da Morte e á provincia da Coruña.
Esta oficina de turismo está aberta todo o ano para poder asesorar e informar aos visitantes que soliciten información na propia oficina, vía telefónica e vía telemática.
Horario da Oficina de Información Turística do Ézaro.
Verán (Xullo - Agosto)
De martes a sábado:
10:00 – 14:00 h e de 14:30 h - 16:30 h
Tempada baixa
De luns a venres:
8:00 h – 14:30 h
+Info: turismodumbria@gmail.com
662 34 69 27
# DumbríaéTurismo
PUNTO INFORMACIÓN AO PEREGRINO
Aínda que o peregrino de hoxe en día xa ben coa lección estudada da casa, nunca está de máis un lugar no que poder resolver as súas dúbidas a pé do camiño, un lugar no que interactuar coa xente local e onde poder asesorase. Para isto foi creado o Punto de Información ao Peregrino, localizado no lugar de Hospital, pouco antes da bifurcación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Aquí o peregrino atopará toda a información relacionada co camiño, coas etapas, o aloxamento, o transporte público e privado,… Así como poder facer unha das tradicións do peregrino: selar a súa credencial.
Horario do Punto de Información ao Peregrino:
PECHADO ATA NOVO AVISO.
Como se despediría o persoal do Punto de Información ao Peregrino: Bo Camiño!
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéCamiño
#BoCamiño
CIR
O Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro está emprazado no lugar do Ézaro. Un referente de información para os amantes do Olimpo Celta e da Fervenza do Ézaro.
Neste espazo poderás obter toda a información relativa a esta paraxe natural, as lendas que vertebran este lugar, a súa flora e fauna, os acontecementos históricos acontecidos no Monte Pindo, así como as rutas de sendeirismo.
Se tes a idea de subir ao Monte Pindo, aconsélloche que primeiro visites o CIR para recibir as mellores recomendacións e a ruta que mellor se adapte a ti!
Horario do CIR
PECHADO ATA NOVO AVISO.
+INFO: www.cirmontepindo.com
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéDeporte
#DumbríaéNatureza