top of page
OLVEIROA
Olveiroa é unha das mecas do peregrino no seu Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. Un lugar revitalizado grazas ao camiño, grazas aos peregrinos e grazas á súa xente. Olveiroa é o lugar onde o peregrino finaliza unha das súas etapas antes de poñerlle fin ao seu camiño; unha parada para repoñer forzas.
Unha aldea que tiña como destino final a desaparición, pero que grazas ao impulso do Camiño Fisterra-Muxía soubo reconverterse e transformarse nun lugar de acollida para os peregrinos procedentes de todos os puntos do mundo.
É aquí onde se localiza o primeiro albergue municipal do Concello de Dumbría e onde a oferta de aloxamento e restauración trata de facilitarlle a estadía dos camiñantes. En definitiva, un lugar de acollida dos numerosos peregrinos que optan por este itinerario xacobeo.
Na actualidade destaca por ser unha aldea renovada, co seu patrimonio restaurado, unha aldea revitalizada e na que se concentra o maior número de hórreos por habitante; hórreos que ao caer á noite poden verse iluminados.
Todo un espectáculo para os sentidos…
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéPatrimonio
#DumbríaéCamiño
bottom of page