top of page
MUÍÑO LOUREDO.jpg

MUÍÑOS DO ÉZARO

Facendo esta ruta visitarás as zonas de maior interese etnográfico do Ézaro, entre as que destacan o reconstruído Muíño de Louredo, o paseo marítimo e a desembocadura do Xallas-Ézaro, para logo rematar no CIR – Centro de Interpretación de Rutas Monte Pindo e Fervenza do Ézaro.
Son varios os muíños que poden verse no Ézaro ao longo do curso do río Rosa. Un dato curioso é que os muíños herdaban os seus nomes de alcumes dos seus antigos propietarios, da súa antigüidade ou ben de nomes senlleiros, destacando nomes como: o Muíño da Rejacha, o de Roque, o Vello ou a Moíña, entre outros.
O emprazamento do Muíño de Louredo debía ser ideal para a mel, xa que existen restos de antigas colmeas de pedra situadas ao seu carón, e tamén outras máis novas nos seus arredores.
Era habitual que o muíño fose de varios propietarios, tendo cada familia asignado un día determinado para ir moer o millo. No caso de non poderen acudir no seu día, debían agardar ata a quenda da semana seguinte.
O tramo do río onde se localizan o maior número de muíños tamén era empregado para lavar as roupas de cama e poñelas ao clareo.
Fai centos de anos o movemento da auga empregábase nas fábricas. Hoxe en día, as presas e os saltos de auga utilízanse principalmente para a produción de electricidade nas centrais hidroeléctricas, como as que se poden ver a carón da Fervenza do Ézaro.
Características da ruta:
  • Lonxitude do trazado: 6,46 km (+/-)
  • Pendente media: 6%
  • Cota de inicio: 7 msnm
  • Cota de fin: 91 msnm
  • Desnivel: 150 m
  • Dificultade: media - baixa 
  • Duración: 2 h
WIKILOK:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/muino-de-louredo-137859063#wp-137859068
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéDeporte
#DumbríaéNatureza
#DumbríaéHistoria
bottom of page