top of page
Mirador Ezaro.jpg

MIRADOIRO DO ÉZARO

Considerado un dos mellores miradoiros de Galicia e non só o dicimos nós… Dende este enclave poderás ver o carácter da costa galega; dende a punta do Cabo Fisterra co seu faro, pasando polas salvaxes Illas Lobeiras, a serpenteante desembocadura do río Ézaro, a grandiosidade do Olimpo Celta – Monte Pindo ata chegar ao encoro de Santa Uxía, que regula o caudal da singular Fervenza do Ézaro. Todo un espectáculo natural que non precisa filtros para gozar da súa panorámica.

Non podemos esquecernos que o Miradoiro do Ézaro estase convertendo na meca de ciclistas. Todo comezou no verán de 2012, sendo este lugar o final da décimo segunda etapa de La Vuelta onde Joquím Rodríguez “Purito” fíxose co título de gañador de etapa cun récord de subida deses últimos 2 km en tan só 6´47´´: insuperable! En 2013, La Vuelta volveu contar con este escenario, formando parte da cuarta etapa con final no Cabo Fisterra.

 

Pasaron uns poucos anos e no 2016 volveu soar O Ézaro na volta ciclista España, volveu ser final de etapa, da terceira etapa na que Alexandre Geniez conquistou o Miradoiro do Ézaro. 2020 volverá ser ano de La Vuelta… Tocará agardar uns meses para coñecer o gañador desta contrarreloxo infernal!!

Parello a este evento ciclista de índole internacional naceu o Gran Fondo Ézaro, agora enmarcado nas UCI Gran Fondo World Series, unha cita ineludible para os amantes das bicicletas.
 

E non todo é deporte, lembra que o miradoiro do Ézaro ofrece un espectáculo visual único. Se buscas un lugar onde gozar dunha posta de sol única, este é o teu!

#DumbríaéTurismo

#DumbríaéNatureza 

bottom of page