top of page
CONSELLOS ÚTILES PARA PEREGRINOS
CREDENCIAL
A credencial do peregrino é o documento no que se van cuñando os selos dos lugares polos que se pasa e que servirán para obter a “Compostela”, a “Fisterrana” e/ou a “Muxiana”. No caso da Compostela débese acreditar ter feito un mínimo de 100km a pé ou a cabalo ou 200 en bicicleta.
SAÚDE
Os peregrinos españois deben viaxar sempre coa tarxeta sanitaria. No caso de proceder doutro país membro da Unión Europea é aconsellable dispor da tarxeta sanitaria europea. Se procedes dun país non membro da UE, debes saber que hai países que teñen convenios con España, polo que será importante obter esta información antes de comezar a viaxe.
PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Informarse antes de saír sobre as dificultades que pode atoparse e das condicións de accesibilidade dos distintos servizos que se atopan no Camiño (albergues, restaurantes,…).
Extremar as precaucións á hora de cruzar a estrada no caso de ter discapacidade auditiva e camiñar sempre acompañado, no caso de persoas con discapacidade visual debido aos cruzamentos, desvíos e ás irregularidades do terreo.
ANIMAIS
Asegúrate de ter en regra as súas vacinas e desparasitacións, e que estean correctamente recollidas na cartilla sanitaria coa que debe viaxar.
Planificar e adaptar as etapas á existencia de aloxamentos que permitan o acceso de mascotas.
ANTES DE COMEZAR
-
Non camiñes rápido os primeiros días, mantén o mesmo ritmo.
-
Coida os pés para previr bochas.
-
Usa roupa lixeira, ampla e de cor clara (reflectora).
-
Leva un chuvasqueiro de pouco peso que cubra a mochila.
-
Horas de máis sol: trata de evitalas e usa protección solar, gafas de sol e viseira.
-
Bebe auga frecuentemente.
-
Acampa nos lugares establecidos para tal efecto.
-
Coida o medio ambiente.
-
Non te desvíes da senda sinalizada.
-
Camiña sempre pola marxe esquerda da calzada.
-
Se estás cansa/o e con cambras, descansa nun lugar fresco e bebe abundante líquido.
-
Come alimentos enerxéticos: froitos secos, figos, chocolate, …
-
Equipaxe indispensable: saco de durmir, navalla multiúsos, lanterna, teléfono móbil e unha pequena caixa de primeiros auxilios.
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéCamiño
#BoCamiño
#TerritorioVákner
bottom of page