top of page
CAMIÑO DE SANTIAGO
Cóntase que en Fisterra estaba o Ara Solis, un altar ao sol construído polos pobos que habitaron estas terras antes da chegada dos romanos.
Os peregrinos entran en terras dumbriesas cruzando a ponte da Ponte Olveira (s.XVII-XVIII), escenario das batallas napoleónicas. Continúan cara a aldea de Olveiroa, cuxo trazado medieval vese reflectido nas súas rúas e construcións. Un verdadeiro remanso de paz onde o peregrino poderá repoñer forzas para afrontar unha nova xornada do camiño tras descansar no albergue de peregrinos.
Unha nova etapa do camiño atravesará o Territorio Vákner; morada do monstro que devoraba peregrinos. Esta etapa parte de Olveiroa para subir ao Monte Sino dirección ao Logoso; unha pequena aldea á sombra do seu castro. O peregrino continúa cara Hospital, nome herdado pola existencia dun antigo hospital de peregrinos neste lugar e que tamén foi destruído polas tropas napoleónicas. Hoxe en día conta cun Punto de Información ao Peregrino para orientalos no seu camiño. Chegados a este punto, o camiño bifúrcase e o peregrino terá que tomar a decisión de cara onde dirixirse: Fisterra ou Muxía.
Se escolle ir dirección Fisterra atoparase co petróglifo de Pedra Ancha, co cruceiro Marco do Couto, o Santuario da Virxe das Neves e quen sabe se tamén co vákner…
Pero se decide ir cara Muxía, descubrirá magníficos lugares e poderá recargar pilas para unha nova xornada nas modernas instalacións do albergue de peregrinos de Dumbría. Pode que incluso o vákner ande eses días por aí…
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéCamiño
#TerritorioVákner
bottom of page