top of page
CAMIÑO DE SANTIAG0
No seu máxico traxecto, o Camiño de Santiago cara Fisterra e Muxía atravesa o corazón das impresionantes terras de Dumbría. Este percorrido está impregnado de antigas tradicións e lendas como a do Vákner, o monstro que devoraba aos peregrinos.
En cada recuncho atoparás pegadas do pasado, vestixios dun impresionante patrimonio histórico e arqueolóxico, salpicado de mámoas, castros celtas, dolmens, vestixios da romanización e das guerras napoleónicas. Descubrirás unha natureza de bosques fermosos e caudalosos ríos.
Esta ruta parte do lugar da Ponte Olveira, lugar de entrada dos peregrinos ao Concello de Dumbría, ata a Ermida das Neves de Buxantes (24,5km). Este itinerario foi empregado polas tropas napoleónicas no 1809 para chegar a Cee e a Corcubión.
Características da ruta:
-
Lonxitude do trazado: 24.500m (+/-)
-
Pendente media: 3%
-
Cota de inicio: 267 msnm
-
Cota de fin: 260 msnm
-
Desnivel: 7m
-
Dificultade: media
-
Duración: 3h (ida)
#DumbríaéTurismo
#DumbríaéCamiño
#BoCamiño
#TerritorioVákner
bottom of page